Paula Fraile
Paula Fraile Robledo
Tooltip Text España (Guadalajara)
Paula Fraile é unha artista manchega afincada na Coruña, onde ten o seu taller. Formada en Belas Artes, ilustración, grabado e estampación, desenvolve moitos proxectos artísticos en distintos ámbitos. Ten enchido de cor moitos murais por Galicia, por cidades españolas e internacionais e na actualidade está especialmente centrada no ensino de arte aos máis pequenos.
Destaca na súa obra mural as formas xeométricas, a psicodelia, o detalle, o emprego dunha paleta de cores intensa, a integración e simbiose dos motivos con elementos propios do soporte, como a súa forma, as irregularidades e os seus defectos. En Carballo, inagurou o proxecto de arte urbana Derrubando muros con pintura co mural titulado precisamente O Carballo xunto coa italiana Roberta Venanzi e encheu de cor un edificio con Psicodelia na zona das Catro Portas, ambos en nodos da entrada e saída de Carballo. Paula e Roberta foron as coordinadoras iniciais de Derrubando muros con pintura.