Paula Fraile

Paula Fraile Robledo

Tooltip Text España (Guadalaxara)

Paula Fraile é unha artista manchega afincada na Coruña, onde ten o seu taller. Formada en Belas Artes, ilustración, grabado e estampación, desenvolve moitos proxectos artísticos en distintos ámbitos. Ten enchido de color moitos murais por Galicia, por cidades españolas e internacionais e na actualidade, está especialmente centrada no ensino de arte aos máis pequenos.
Destaca na súa obra mural as formas xeométricas, a psicodelia, o detalle, o emprego dunha paleta de cores intensa, a integración e simbiose dos motivos con elementos propios do soporte, como a súa forma, as irregularidades e os seus defectos. En Carballo, inagurou este proxecto de arte urbana co mural da rúa Sol xunto coa italiana Roberta Venanzi e encheu de cor un edificio na zona de Catro Portas, ambos en nodos da entrada e saída de Carballo. Paula e Roberta foron as coordinadoras iniciais de Derrubando muros con pintura.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This