Nömada

Miguel Peralta

Tooltip Text España (Almería)

Natural de Almería pero residente en Santiago de Compostela dende hai uns anos, Miguel Peralta é Nömada, un dos activistas máis presentes nas rúas da capital galega, cunha especial fixación pola busca dos recunchos máis interesantes e esquecidos da cidade.
O seu traballo abarca a ilustración, a pintura e o muralismo, cun estilo pictórico complexo e denso, cheo de simbolismo e metáforas visuais que conteñen reflexións profundas sobre a sociedade actual e a condición humana.
Nas súas obras gústalle a mestura de distintas técnicas e materiais para acadar un resultados óptimo que lle permita comprender e comunicar todo aquilo que precisa.
É integrante da cooperativa Cestola na cachola. Participou no Rexenera Fest de 2015, creando o mural A Pena da Moura.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This