Nazaret

Nazaret Franco Rodríguez

Nazaret Franco

Tooltip Text España (Carballo)

A carballesa Nazaret Franco Rodríguez, Nazaret, está a estudar na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid un dobre grao en Fundamentos da Arquitectura e Deseño Integral e Xestión da imaxe, con especial atención ao debuxo e á pintura. Entre as súas afeccións tamén está a ximnasia rítmica, sendo adestradora ademais de deportista federada. Foi unha das creadoras das postais da campaña Máis de Carballo que o pan para o concello de Carballo, na que creou unha postal inspirada polos Chocolates Mariño, típicos da localidade. A pesar da súa mocidade foi convidada a pintar no proxecto Derrubando Muros con Pintura – Edición Verán no parking do San Martiño, no que creou unha imaxe inspirada nas fotografías de Sebastião Salgado.

Aquí tedes as súas respostas ao noso “Derrubando test” para coñecela un pouco mellor:

  1. Lugar favorito: miradoiro alto de Razo
  2. Comida favorita: polbo
  3. Unha cor: amarelo
  4. Unha palabra: campal
  5. Un sentimento: saudade
  6. Artista favorito/a: Bansky
  7. Mural de Carballo favorito: Sen títuloPichiavo
  8. Unha técnica artística: tinta chinesa
  9. En 10 anos estarei… nas festas de Sofán

 

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This