Natalia Rak

Natalia Rak

Foto de Natalia Rak

Tooltip Text Polonia (Lodz)

Natalia Rak, graduada pola Academia de Belas Artes de Lodz (Polonia) é recoñecida mundialmente polos seus xigantes retratos en grandes laterais de edificios. Destaca polo seu estilo extremadamente rechamante, detallado e moi colorista, á vez que metafórico, onírico e case surrealista, xerado a través de escenas misteriosas que evocan un particular estado ou concepto. A súa arte insinúa influenzas do folclore, contos de fadas e tradicións pictóricas nas que o seu particular uso da cor reforza este influxo que engade un toque de surrealismo a todo o seu traballo.
Natalia aparece na escena da arte urbana contemporánea ao redor do 2011, en 2013 gaña “Artbattle” (Nova York), no que o seu mural The Legend of Giants foi votado como unha das cinco mellores pezas de arte urbana creadas xunto a obras de Banksy e J.R. As súas creacións expóñense por toda Europa e nos últimos anos participou nalgúns dos festivais de arte urbana máis importantes do mundo como Pow Wow! (Hawai), No Limit (Suecia) ou Memorie Urbane (Italia).
No Rexenera Fest de 2016, creou o mural I missed you…, que logo a xente autobautizou como “o mural do bico”.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This