Nana
Diana Rodeiro
Tooltip Text España (Ordes)
Diana Rodeiro é coñecida como Nana. Esta artista de Ordes forma parte de 7H Cooperativa Cultural (www.7hcoop.es).
É ilustradora e artista urbana. Dende nena, manifesta un gran interese pola arte asistindo a clases de debuxo e pintura. Estuda Xoiaría Artística na Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo desenvolvendo o oficio durante varios anos. En 2006 a súa curiosidade polo graffite ábrelle un mundo de cores e comeza a deixar a súa pegada polas rúas de distintos puntos xeográficos do país. Grazas á súa paixón polo esprai decide realizar os estudos de Ilustración na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso e converter o seu pasatempo en carreira profesional. Ao longo destes anos participa en distintas exhibicións e festivais de graffite e arte urbana como o MAD Poster Art en Madrid, o Sanfest en Guadalaxara , o Festival Internacional DesOrdes Creativas en Ordes, ou Derrubando muros con pintura en Carballo ou o Compostela Skate, entre outros. Durante oito anos formou parte da organización do festival Desordes Creativas xunto co colectivo Mutante Creativo. Na actualidade combina o seu traballo como artista coa educación artística impartindo obradoiros e cursos de graffite, muralismo e pintura para todas as idades.
En Carballo creau o mural Ofelia.