Mou

Mou

Tooltip Text España (Ordes)

Este artista naceu en Ordes e formouse na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Director en “Mutante Creativo”, un estudo de Deseño, Arte e Comunicación, dende onde desenvolve o seu traballo no deseño gráfico, na arte mural, na ilustración, na fotografía de reportaxe, publicitaria, no audiovisual, na creación musical, en obradoiros de graffiti e produción musical. Polifacético, é membro da banda “Dios Ke Te Crew”.
Xunto con Sokram, é un grande impulsor da escena da arte urbana galega, destacando por ser o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas en Ordes e o RexeneraFest en Carballo, entre outros eventos.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This