Milu Correch
Milu Correch
Tooltip Text Arxentina (Bos Aires)
Naceu, vive e según ela probablemente morrerá en Bos Aires, Arxentina. Sempre garabateou máis alá das súas actividades principais e fai uns anos aprendeu a pasar pequenas imaxes a metros cadrados. Os muros fóronse agrandando e sumando, o que lle permitiu viaxar con brocha e rolo en man. Manchou paredes na súa cidade natal, outras cidades arxentinas e outras tantas doutro lado do océano.
Agora segue pintando tratando de mellorar muro a muro, pincelada a pincelada. Propón ideas para pensar no lugar da arte e da artista fronte a un modelo capitalista hexemónico que converte a arte en decoración, que absorbe o artista ou pon fronte ao ser ou non ser do mecanismo de exhibición.