Marija Tiurina

Marija Tiurina

Marija Tiurina

Tooltip Text Lituania

Marija Tiurina é unha ilustradora de Lituania que actualmente reside en Londres. Conta con máis de dez anos de experiencia no campo da arte e o Deseño Comercial e marcas como Apple, Saatchi & Saatchi, Disney, Wacom, Computer Arts ou Microsoft aparecen no seu currículo. A variedade de proxectos nos que traballa van desde a publicidade, a libros impresos para nenos, pasando por xogos, arte conceptual, ilustración online e, por suposto, o muralismo. Atopa inspiración no día a día analizando pequenos detalles de todas as cousas que a rodean, aínda que baixo unha visión particular, próxima ao surrealismo.

No que respecta á súa traxectoria na arte urbana, ela mesma explica que empezou a interesarse polo muralismo desde moi pronto na súa carreira artística. «Os artistas urbanos parecíanme super heroes, porque pintaban a unha escala enorme, así que souben que tiña que probar», explica nunha entrevista realizada durante o Rexenera Fest. Confesa que tivo que modificar por completo a súa técnica, fundamentalmente a acuarela, para adaptarse. «Sempre é un desafío e sínteste ben ao final, cando xa resolviches todos os problemas que se presentan» durante o proceso, sinala. Na súa aproximación a cada mural, procura inspirarse no ambiente que a rodea, seleccionado o deseño dependendo do lugar, do mesmo xeito que a paleta de cores.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This