Lula Goce

Lula Goce

Tooltip Text España (Baiona)

Lula Goce nace en Baiona e crece entre aires salobres, morriña, percebes e orballo. En Salamanca licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura e o seu traballo artístico sempre estivo vinculado á arte urbana. A obra de Lula Goce tende a afondar no íntimo a partir do público, accións solitarias vinculadas á natureza, que mostra nas fachadas, na rúa, expostos á mirada de transeúntes e curiosos. A natureza humana e a vexetal únense como se fosen unha. Pintou en festivais de arte urbana como Urbanity e Rebobinart de Barcelona, Urban Fair en París, Waterford Urban Festival en Irlanda, Memorie Urbana en Italia, North West Walls en Bélxica, Zona Maco en México, PolinizaDos en Valencia, Tuenty Urban Art, Mad Cool Festival en Madrid ou BAC en Barcelona, entre outros.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This