Lola Oviedo
Lola Oviedo

Tooltip Text España (A Coruña/Caión)
Lola Oviedo é unha artista coruñesa de longa traxectoria que vive en Caión, a vila mariñeira de A Laracha, pero que está tan unida a Carballo. Estudiou Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, e formouse en gravado no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) e no Museo de Belas Artes da Coruña, e nos anos oitenta en técnicas do texido. A partir do seu acrecentamento do coñecemento en diversas técnicas, comeza a súa experiencia coma pintora autodidacta. Forma parte do grupo de artistas da provincia da Coruña, Ravar. A actividade artística principal de Lola desenvólvese no gravado pero tamén aborda grandes formatos como o mural. En Carballo, creou un mural de temática mariñeira unindo pintura con “trazos cosidos” e máis poesía, expresando esas raíces tan fondas arraigadas no mar, pero tamén o seu estilo, a súa raigame no gravado e no téxtil.
http://ravar.blogspot.com.es/