Laura Tova

Laura Tova

Foto Laura Tova

Tooltip Text España (Carballo)

Laura Tova formouse en Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña e posteriormente con distintos ilustradores internacionais como Chris Haughton, Pablo Amargo, Chiara Carrer, Joan-na Concejo, Gina Thorstensen e en gravado con Alfonso Costa. Creou a súa propia liña de produtos ilustrados nos que as súas imaxes cobran vida en diferentes soportes, cos que ten participado en numerosos mercados de deseño como o Central de Madrid, Culturgal (Pontevedra), Peter’s Room, o Mercado da Estrela, etc. Tamén é autora do deseño da imaxe da campaña “SemecachaDesCóntovos” desde 2015 e de “O mundo que queremos” da Semana do Libro no 2017. Todo este labor compaxínao coa participación en numerosas exposicións colectivas e cos obradoiros de ilustración e autoedición que imparte para todas as idades e talleres de creación e deseño de logotipos.
Destaca en ilustración, pero as súas obras alcanzan tamén os grandes formatos como os diversos murais que realizou en Carballo. A través das imaxes, comunícase co mundo, contando pequenas historias que xorden das experiencias e a aprendizaxe do día a día.
Como ela nos dí, ao debuxar, gústalle o xogo, deixa moita marxe á improvisación, cre que a mensaxe que está dentro busca os seus propios medios para saír. Son imaxes moi sinxelas e intenta que cada elemento teña un sentido nela, que haxa relación entre todos os seus compoñentes para transmitir unha historia e que as metáforas visuais sexan as protagonistas.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This