Lahe178
Ana Langeheldt
Tooltip Text España (Sevilla)
Ana Langeheldt, tamén coñecida como Lahe178 no ámbito da arte urbana desde 2001, é unha artista vocacional desde unha idade moi temperá. En 2003 licenciouse en Belas Artes na Universidad de Sevilla. Realizou a especialidade de deseño e gravado e, desde entón foi completando a súa formación con cursos e seminarios especializados. As súas obras teñen a inspiración da súa cidade natal, Sevilla, e o seu folclore, as súas luces e as súas sombras, e os seus traballos viaxan entre a pintura clásica, a pintura mural, a arte urbana e a ilustración.
Segundo ela mesma explica, todas as súas obras nacen do debuxo, e a partir de aí vai explorando e creando as súas obras, que adoitan nacer da espontaneidade. As cores, o mundo onírico das súas figuras e o barroquismo sevillano plásmanse a miúdo nas súas obras, que navegan entre a tradición académica e as tendencias da arte contemporáneo. Nese sentido, asegura que o anime xaponés é outra das súas influencias, porque tamén se inspira no milenario adaptándoo á modernidade.
Traxectoria e premios
Conta con numerosos traballos en importantes empresas e marcas como o Festival de Cine Europeo de Sevilla, Turner Broadcasting System, Freixenet, Endesa ou Anaya entre outros moitos. A nivel expositivo ten participado en diferentes proxectos individuais, así como en numerosas exhibicións dentro e fóra de España (Montana Gallery Barcelona, SC Gallery Bilbao, Meeting of Styles France, Void Projects Miami, Caixa Forum Sevilla, B-Murals Barcelona, etc).
Ao longo da súa carreira ten recibido distintos premios de diferentes certames artísticos, cabe facer mención ao Diploma de Honra “LI Exposición de Otoño, Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría” (Sevilla), recibido en 2003, entre outros. Tamén ten participado en diversas publicacións de ámbito internacional como Graffiti Women (Editorial GG), Montana World , Mural Art Vol.3 (Editorial Carpe Diem, Grecia), Urban Art Boom, Rolling Stones , La Muy, Boooooom, Ah! Magazine e máis. Actualmente forma parte da Asociación de Ilustradores de Sevilla Garabattagge Ilustra. Un equipo de ilustradores e debuxantes da provincia de Sevilla.