Javier de la Rosa

Javier de la Rosa

Javier de la Rosa - Milicia Gráfica

Tooltip Text España (Sevilla)

Javier de la Rosa nace en Sevilla en 1966 e comeza a súa formación alí para ao finalizar trasladarse a Madrid desenvolvendo a súa carreira até hoxe. Unha carreira creativa na que se combinan desde os seus comezos a faceta de deseñador e grafista coa de ilustrador. Como deseñador, dedicado preferentemente ao mundo da cultura e a música, realizou algúns dos máis memorables traballos editados durante estes anos no noso país como “Lorca” de Enrique Morente, identidade gráfica para omusical “ Una noche de verano” de Tamzin Townsend, ou “Fados” de Carlos Saura, por exemplo.

Como ilustrador, son evidentes os seus intereses plásticos e estéticos así como as súas influencias, case sempre explícitas: o mundo da publicidade, o cómic, o cinema, a música, pero tamén Pollock, Twombly, Lichtenstein ou Hockney. Valéndose dun eclecticismo técnico e cunha amable falta de respecto, amálgama nos seus traballos elementos de moi diversa procedencia que adquiren, descontextualizados e en relacións inusuais, novos significados e unha maior capacidade de suxerir e conmover, nun exercicio no que sempre prevalece a eficacia perceptiva e a sensualidade colorista mínima que proclaman e transmiten unha concepción, golosa tamén, da arte.

Na actualidade forma parte xunto con Alba Nicolás do proxecto artístico e multidisciplinar Milicia Gráfica.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This