Isaac Mahow

Isaac Mahow

Foto Isaac Mahow

Tooltip Text España (Zaragoza)

Isaac Mahow é un ilustrador e muralista aragonés afincado en Zaragoza. A súa carreira artística data de comezos dos 90, cando se involucra de cheo no graffiti para máis adiante ampliar os seus coñecementos con diversos estudos universitarios relacionados coa ilustración e o deseño. Apaixoado da escultura, da animación, dos contos infantís e do humor absurdo, mestura todo baixo a influencia directa do graffiti, e defínese máis preto do Lowbrow que doutros movementos contemporáneos.

Nas súas obras destancan as formas cortantes e limpas, misturadas con outras sinuosas e degradadas, dúas constantes que acadan un estilo recoñecible e unha cada vez máis ampla lenguaxe coa que ofrece diversas mensaxes, chea de simbolismos e metáforas visuáis. Presenta un estilo próximo á tatuaxe e con moita poesía. Nos últimos anos realizou diferentes exposicións e participou en festivales de nivel internacional. Actualmente traballa en proxectos persoáis no seu estudio “Agulla e Tinta” en Zaragoza, combinándoos coa actividade á que máis hora dedica, a tatuaxe. Ademáis, coordina o grupo adicado ás artes plásticas, “Verde Guacamole”.

Participou no Rexenera Fest de 2016, creando o mural da rúa Chile 6-8.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This