Isaac Cordal

Isaac Cordal

Foto Isaac Cordal

Tooltip Text España (Pontevedra)

Co aparentemente simple acto da miniaturización e un emprazamento estudiado e suxestivo, Isaac Cordal amplía maxicamente a imaxinación dos peóns que se atopan coas súas esculturas pola rúa. A serie titulada Eclipses de Cemento é unha definición crítica do noso comportamento como masa social. A través desta serie de traballos pretende focalizar a nosa atención sobre a desvalorizada relación coa natureza a través dunha mirada crítica e sarcástica que apunta aos efectos colaterais da nosa evolución como especie. As súas esculturas, que normalmente non superan os 25 centímetros, colócanse en lugares específicos que abren rapidamente portas a outros mundos, como xa fixera nos 70 o estadounidense Charles Simonds por medio das súas Dwellings (Moradas), pequenos vestixios de falsas civilizacións en miniatura integradas na arquitectura dos edificios a pé de rúa.

A obra de Cordal contrasta coa magnificiencia do gran mural e dende a miniaturización conmóvenos e transmítenos a soidade do individuo sumerxido no entorno urbano e a capacidade dos grandes núcleos de poboación para devorar a diferenza, para homoxeneizar costumes e ritos e para alimentar a ruina lenta do desarraigo. Aínda que nos doa, e por desgraza, tódalas grandes urbes se asemellan e o singular e o autóctono quedan relegados.

En Carballo deixou dúas obras, Os veciños 1 e Os veciños 2.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This