Isa Bermúdez
Isa Bermúdez
Tooltip Text España (Carballo)
Isa Bermúdez é titulada en Dourado, prateado e policromía pola EASD Pablo Picasso e na actualidade estuda Deseño de interiores nesa mesma escola. Xa conta con dous murais previos, un en Sobrado dos Monxes e outro en Santiago de Compostela. A súa obra mural ten un carácter intimista e vai dirixida a interactuar cos barrios onde pinta, adaptando a temática á forma de vida que ten a xente deses lugares. Para ela, o mural é unha forma de arte moi importante, xa que todas as persoas que pasen por diante, sen ter en conta a súa clase social, intereses ou formación, está obrigada a interactuar coa súa obra. É unha forma de achegar a cultura a xente que non adoita consumila. No verán de 2021 foi convidada a pintar no proxecto Derrubando Muros con Pintura – Edición Verán na rúa Tomiño.
Aquí tedes as súas respostas ao noso «Derrubando test» para coñecela un pouco mellor:
- Lugar favorito: a praia
- Comida favorita: repolo
- Unha cor: amarelo cadmio
- Unha palabra: identidade
- Un sentimento: amor
- Artista favorito/a: Aryz
- Mural de Carballo favorito: A pena da moura – Miguel Peralta, Nömada (Cestola na cachola)
- Unha técnica artística: muralismo
- En 10 anos estarei… pintando