Hyuro

Hyuro

Foto Hyuro

Tooltip Text Arxentina

A arxentina Hyuro, afincada en Valencia, é coñecida pola pintura cargada de mensaxe e simboloxía, cunha “carga social moi potente”. A través dela, xera un vínculo entre a obra e o público, contribuíndo á busca do enfrontamento do espectador coa obra. Hyuro emprega a parede como un espello no que se busca constantemente e é, nese proceso, que a pintura rescata o eco desa conversación que mantivo con ela mesma. O seu traballo é íntimo e moi personal. O seu universo, inquedante e seductor. E a súa linguaxe, sinceira e próxima.

Participou no Rexenera Fest de 2016, creando o mural Morriña no Pazo da Cultura. Faleceu en novembro de 2020 aos 46 anos de idade deixando unha excepcional obra caracterizada por estar ligada a maioría das veces á figura da muller.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This