Harsa
Arantxa Recio Parra
Tooltip Text España (Zaragoza)
Arantxa Recio Parra (Zaragoza, 1979), máis coñecida artísticamente como Harsa, sentiuse atraída desde moi pequena pola arte grazas á súa irmá maior, que plantou nela a semente da curiosidade e das gañas de crear como todos aqueles artistas que contemplaba e admiraba. Xa de adulta, Harsa converteuse nunha artista multidisciplinar que traballa desde hai anos para unha ampla gama de proxectos creativos, e marcas. A súa obra está moi vinculada á ilustración contemporánea, con claras referencias á cultura popular e á ilustración dos anos 50 e 60.
Diversifica o seu traballo entre colaboracións con axencias de publicidade, editoriais, exposicións, e festivais de arte. Os seus traballos apareceron en moi diversas áreas (editorial, publicidade, cubertas para libros, packaging, moda, deseño, etc.) Ten publicado en España, México e Arxentina e expuxo tamén en Italia, Austria, Escocia e Croacia.
Tamén ten participado en numerosos festivais de arte urbana e colaborada con marcas e clientes de primeira liña.