Franco Fasoli – JAZ
Franco Fasoli
Tooltip Text Arxentina (Buenos Aires)
Franco Fasoli, tamén coñecido como JAZ, naciu en Bos Aires e é un dos artistas máis coñecidos e talentosos do panorama arxentino. Escenografista e muralista, a arte de Fasoli, que comezou a utilizar as rúas como lenzo a finais do noventa, está influenciada polo seu estudo de toda a vida da cerámica e a icónica técnica do “fileteado” da capital arxentina. Cara a fins da última década, Fasoli introduciu na súa obra as vívidas contradicións das sociedades latinoamericanas, os seus rituais e a súa aparente perpetua inestabilidade. Un dos aspectos máis rechamantes do seu traballo é a exploración de materiais e escala. Desde pinturas de gran formato en espazos públicos até obras máis pequenas en bronce e papel, a súa arte aliméntase da fluctuación de contextos e recursos.
A tensión entre a cultura global dominante e as subculturas como espazos de resistencia tamén o influíron tanto a nivel conceptual como nas súas accións ao longo da súa carreira. Múltiples formas de identidade individual e colectiva forman a columna vertebral sociolóxica do seu traballo. No formal, adoita recorrer a un amplo bestiario que utiliza como un pretexto metafórico para expor cuestións políticas e sociais. Na actualidade vive entre Barcelona e Bos Aires e as súas obras están espalladas por toda América (dende Bos Aires a Nova York) e tamén por toda Europa (Alemania, Dinamarca, Italia, España…).
Representado a través do conflito, a confrontación e a xuxtaposición discursiva, Fasoli non busca responder á pregunta, senón reelaborar constantemente o enunciado, cuestionando o cuestionamiento e volvendo cuestionarse a si mesmo.