Fabián Lage

Fabián Lage

Fabián Lage y Alén

Tooltip Text España (Carballo)

Fabián Lage é un artesán de Carballo residente na Laracha especialista en restauración e reproducións en madeira, especialmente en mobles e carpintarías antigas. Formouse na Escola Taller de Carballo, e aínda que xa comezara a facer algunha incursión con pezas de pequeno tamaño, asegura que a súa primeira obra escultórica é Alén creada para Derrubando muros con pintura en 2019.

Os seus primeiros proxectos empezan no ano 2004 á fronte do grupo artístico Mensa. Foron dúas obras efémeras, xa que se crearon para o Concurso de Cachelas de San Juan do Concello de Carballo e, aínda que gañaron o concurso, apenas tiveron unhas horas de vida. Desde entón non parou de experimentar con pequenas esculturas, e foi en xullo de 2019 cando presentou en Carballo unha obra froito da necesidade artística de expresar un sentimento de frustración interior.

Alén e a “Píllara”

Alén nace para dar voz a todas esas persoas que, a pesar de atoparse con barreiras, loitan para saír adiante aínda que o camiño sexa difícil. Unha necesaria actitude vital para fuxir das gaiolas nas que cada un se atopa preso. Como parte do protecto Alén, tamén se crearon diversas pezas de mobiliario urbano como un exercicio de reciclaxe da madeira dun vello ciprés situado na Praza do Concello e que no seu día foi abatido por un raio.

Tamén o verán de 2019 realiza unha escultura dunha “Píllara” (unha ave propia da costa carballesa), que está instalada na actualidade na praia de Razo e que serve para concienciar sobre a necesidade de protexer a nosa flora e a nosa fauna mediante a reciclaxe e o respecto ao noso mar e á nosa costa.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This