Elisa Capdevila
Elisa Capdevila
Tooltip Text España (Barcelona)
A súa carreira artística comeza en 2014 cando empeza a estudar pintura e debuxo na Barcelona Academy of Art. Nese momento deixou inacabada unha carreira de Ciencias e meteuse de cabeza no proceso de aprender a debuxar. Durante dous anos estivo a pintar do natural durante unhas sete horas diarias. Nesa época empeza a pintar os seus primeiros murais, ao principio como un simple exercicio onde o lenzo foi substituído por unha parede, pero co tempo deuse conta das súas posibilidades e decidiu enfocar o seu traballo a proxectos a unha maior escala.
Desde 2017, traballa activamente en festivais de arte urbana e realiza grandes murais a nivel nacional e internacional, sen deixar de lado o traballo de estudo en lenzo. En moitas das súas obras adoita plasmar fotografías do seu propio ámbito familiar nas que o mundo da infancia é, a miúdo, o protagonista.