Dulk

Antonio Segura Donat

Foto Dulk

Tooltip Text España (Ontinyent)

Ilustrador todoterreo, muralista e adicto ao debuxo dende moi pequeno, chega a Carballo despois de dar a coñecer o seu traballo en Inglaterra, Alemaña, Holanda, Italia, Estados Unidos ou Bélxica, onde gañou en 2015 un importante premio internacional.

A súa obra actual caracterízase por unha obsesiva tendencia á representación da natureza. As súas personaxes protagonizan historias paralelas entre o forte e o feble, o superior e o inferior, na que sempre gaña o que o humano considera máis insignificante. O seu peculiar estilo “agradable” e unha coidada estética tenra e acolledora, esconde unha certeira mirada crítica e sarcástica sobre a cruel situación á que estamos sometendo a natureza.

Participou no Rexenera Fest de 2015, creando o mural Galician Wildlife no edificio Fórum Carballo.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This