Doa
Doa Ocampo Álvarez
Tooltip Text España (Lugo)
Doa Ocampo, “Doa” (Sober) sentiu dende nena a paixón polo debuxo, a pintura e a fotografía, entre outras disciplinas. E tamén dende moi nova experimentou con diferentes técnicas expresivas. Aprende arte e fotografía entre Galicia, México e Portugal. Tempo despois conecta coa natureza e descobre a posibilidade de axudar ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e nese momento empeza o proxecto Reforestando, pensando na transformación do espazo público, mediante a intervención mural “site specific” de temática vexetal, coa única ambición de facer renacer espazos.
O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar a contorna natural e todo o reino vexetal e a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo. Segundo ela mesma explica, “Reforestando é a integración a través da transformación. É unha busca da vida mediante a adaptación. Reforestando transforma á vida os espazos abandonados visualmente, contrarrestando algún dos outros moitos desaxustes visuais dos que formamos parte”.