Daniel Muñoz “SAN”
Daniel Muñoz
Tooltip Text España (Cáceres)
Daniel Muñoz “SAN” comeza a principios dos anos noventa a súa carreira artística pintando nas paredes da súa cidade natal (Moraleja, Cáceres). Despois de varios anos como artista autodidacta, en 1997 decidiu formarse estudando o Bacharelato Artístico na cidade de Cáceres e no 2000 trasladouse a Madrid para estudar na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense.
Dende os seus comezos a súa obra foi marcadamente figurativa, xa que comezou a desenvolverse empregando, exclusivamente, o espazo público como soporte: facendo recoñecibles as súas mensaxes ao maior número de persoas posibles. A súa linguaxe está formada por símbolos e códigos que suscitan unha lectura coidada, entre a narrativa da pintura clásica e os discursos sociolóxicos da arte contemporánea.
Todas as súas obras obrigan a caer en interpretacións diversas e confusas, a pesar de narrar feitos e anécdotas cotiás, baseadas nos tópicos máis mundanos. Durante os últimos anos ten realizado numerosas exposicións e intervencións en Europa, Norteamérica, Sudamérica, Rusia e Oriente medio.