Curiot

Flavio Martínez

Foto Curiot

Tooltip Text México (Michoacán)

Curiot chega dende Michoacán como un dos artistas máis relevantes na escena da arte urbana actual en México. Por medio do seu colorido e o traballado detalle, amósanos un imaxinario cheo de culturas antigas que adoraban a deuses asociados a fenómenos naturais ou á divindade que representan. Os seus personaxes transpórtannos a mundos imaxinarios e bucólicos nos que sempre está presente a problemática entre a natureza e o ser humano.

Desde os seus comezos ten desenvolvido o seu traballo en diversos soportes e formatos como lenzo, murais ou o mundo dixital. A creación de seres e mundos místicos foron e son temas centrais da súa obra, que está en continua transformación, e son o resultado dunha investigación profunda de universos que non son perceptibles a simple vista pero que acompañan ao artista. O recoñecemento ao seu traballo tenlle permitido pintar murais de grande formato en varias cidades do mundo en Europa, Asia, América Latina, México e Estados Unidos.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This