Cristina Castro

Cristina Castro Santiago

Foto Cristina Castro

Tooltip Text España (Carballo)

De vocación temperá pero formación tardía na EASD Pablo Picasso da Coruña, explica que entrou “sen reflexionar demasiado nun mundo fascinante. Primeiro con óleos, máis tarde con acrílicos en estilo realista e agora con ilustracións infantís, querería chegar a contar historias co mínimo número de liñas posible”.

O primeiro mural que fixo para o proxecto Derrubando muros con pintura, Bolboretas, foi, en palabras de Cristina, toda unha experiencia porque de pasar de formatos pequenos a pintar toda unha parede, supuxo un reto. Visto agora na distancia, dinos que retocaría moitas cousas pero quédase, sobre todo, cos comentarios positivos da xente do barrio da Milagrosa mentres pintaba.

Portfolio en Domestikahttp://www.domestika.org/es/criscsantiago/portfolio

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This