Cestola na Cachola
Cestola na Cachola

Tooltip Text España
Cestola na Cachola defínese como unha cooperativa de traballo asociado, sen ánimo de lucro, que se move principalmente nos eidos da pintura e a divulgación dunha economía ao servizo das persoas. Realizan ilustracións, cadros e reproduccións, murais, deseños, formación relacionada coa economía social e solidaria e dinamización participativa e acompañamento.
Tamén deseñan estampados para a súa liña de roupa chamada “moda ética” (roupa elaborada baixo criterios de Comercio Xusto) porque cren na necesidade dun consumo de roupa diferente e responsable.