Case Maclaim

Andreas Van Chrzarowski

Case Maclaim

Tooltip Text Alemania (Frankfurt)

O alemán Andreas Van Chrzarowski, coñecido como Case Maclaim, é membro co-funfador da mundialmente coñecida M’Claim Crew e un histórico pioneiro do fotorrealismo no graffiti, situándose coma un dos maiores representantes deste estilo na arte mural contemporánea.

Co aerosol como ferramenta de acción amosa o poder do movemento a través da universalidade das mans como icona comunicativo crucial na súa traxectoria pictórica. Poder e movemento xogan papeis esenciais dentro do carácter da súa obra, inspirándoo a comunicar fortes mensaxes de unidade e poder, utilizando a superposición de mans como símbolo.

Durante as dúas últimas décadas ten viaxado ao redor de 20 países participando nos eventos máis importantes de arte mural do mundo e deixando literalmente a súa pegada en cada un deles a través desta linguaxe universal, despois de todo, o xesto dunha man vale máis que mil palabras.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This