BTOY

Andrea Michaelsson

Foto de BTOY

Tooltip Text España

BTOY (Andrea Michaelsson) é unha artista urbana de Barcelona, recoñecida internacionalmente polo seu traballo empregando a técnica do estarcido ou stencil. Comezou a súa carreira artística en 2002 e podes atopar o seu traballo sobre todo en superficies irregulares ás que engade contaminación e residuos publicitarios, onde portas e fiestras de ladrillos se converten nos seus marcos ideais. Os seus personaxes paran e cravan en nós a súa mirada, facéndonos reflexionar sobre o paso do tempo. Os retratos -especialmente de mulleres- cunha forte carga nostálxica, son axitados con trazos cheos de forza e cor.

Ten exposto o seu traballo en diferentes cidades como Barcelona, París, Londres, Bérgamo ou Iacarta. En Londres, ademais de exhibir en Pictures On Walls, participou en 2008 en The Cans Festival, organizado polo artista Banksy, preparando diversos murais e instalacións nun dos túneles da estación de Waterloo. En Carballo deixou a súa marca a través das obras creadas durante unha masterclass no Rexenera Fest 2017.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This