Bordalo II
Bordalo II
Tooltip Text Portugal (Lisboa)
“Big Trash Animals” (“Grandes animais de lixo”) é a serie de traballos onde Bordalo II, artista lisboeta, centra a súa obra máis actual, por medio de esculturas e murais de alto relevo conformados exclusivamente a partir de lixo. As súas obras representan a nai natureza, reflectidas por medio dos seus animais de lixo, construídos precisamente con todo aquilo que a destrúe.
Segundo a súa definición de lixo: «O lixo de um homen é o tesouro do outro». Baixo esta premisa, as súas pezas expresan, de xeito implícito, a necesidade de tomar conciencia sobre os nocivos vicios desta sociedade extremadamente consumista, materialista e codiciosa e convidan a reflexión sobre a deriva imparable do crecemento expoñencial que vive o planeta.