AnimalitoLand
Graciela Gonçalves Da Silva
Tooltip Text Arxentina (Bos Aires)
AnimalitoLand é o universo visual de Graciela Gonçalves Da Silva, artista arxentina de procedencia portuguesa e afincada actualmente en Madrid. As súas creacións navegan nun mundo de máxicas criaturas que se alimentan de sentimentos e que adoptan múltiples formas e cores, convidándonos a saltar dentro da imaxe e a escoitar como o noso “eu” oculto nos murmura unha pequena canción.
En palabras da artista: “Vivimos acosados por unha escuridade que lentamente fainos adormecer. Penso que o imaxinario e a sensibilidade son ferramentas esquecidas que precisan máis adestramento. Conectarse con estraños de todas as orixes e culturas fíxome cavilar nesta linguaxe universal que todos coñecemos instintivamente mais que non necesariamente falamos todos os días”.
Ilustradora e deseñadora gráfica
Ilustradora autodidacta, deseñadora gráfica da Universidade de Bos Aires, pasou máis de 10 anos experimentando en diferentes áreas de interese. Comezou con cómics e fanzines. Ddespois traballou en animación, videoxogos, xoguetes e deseño gráfico, combinando varios estilos e técnicas.
Despois de pasar demasiado tempo no estudio, decidiu saír á rúa e empezou a pintar libremente, o que foi unha revolución tanto no persoal como no artístico. Como resultado, AnimalitoLand foi cultivando un estilo moi personal que viaxa ao redor do mundo.