Alba Fabre

Alba Fabre Sacristán

Alba FabreAlba Fabre

Tooltip Text España (Barcelona)

Alba Fabre interesouse pola arte desde moi nova, sendo mesmo tatuadora nunha época. Con todo, acabou estudando a carreira de Educación Social, que deixou para introducirse xa definitivamente no mundo da arte e, posteriormente, do muralismo. Formouse no Programa de Debuxo e Pintura na Barcelona Academy of Art, onde agora mesmo traballa como profesora. Á vez, desenvolve a súa obra persoal na arte urbana e tamén xunto a outros artistas no seu estudo situado en Barcelona. O seu traballo caracterízase por un estilo figurativo próximo, en ocasións, ao impresionismo.  As súas obras interésanse pola análise da linguaxe e os conceptos da arte clásico, reproducidas nunha pintura na que a forza e a cor son o centro de atención. Tamén é posible ver nos seus traballos a influencia da psicoloxía e a temática social.

Introduciuse no mundo do muralismo da man da súa amiga Elisa Capdvila -que pintou en Carballo o mural Helen– xa que lle pediu axuda para crear unha obra. Aínda que non foi un flechazo, pouco despois chamárona para pintar un muro en solitario e nese momento xa se enganchou á arte urbana. Aínda que é canso, asegura Fabre, “o resultado final tamén é grande e impactante”. Nos seus murais tamén lle gusta conectar coa contorna e coa xente que vive nela, deixando os seus traballos abertos á interpretación das persoas que se van a relacionar coa súa obra no día a día.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This