Aquí está o programa completo de Derrubando Muros – Edición Verán!

Ago 11, 2021 | Arte urbano, Derrubando muros con pintura, Sin categorizar

Horarios, datas, lugares, como apuntarse nos talleres e as localizacións dos catro murais que se estarán pintado do 12 ao 22 de agosto

Derrubando muros con pintura volve entre o xoves 12 e o domingo 22 de agosto con catro novas creadoras e creadores de Carballo! Ningún deles supera os 25 anos e unha delas ten só 19 anos. Traballarán durante dez días para cambiar de novo a paisaxe urbana da localidade. Eles son:

  • Isa Bermúdez, que actuará na rúa Xazmíns.
  • Nere Rama “Bailando na lúa”, que pintará na traseira da Ludoteca Municipal.
  • Nazaret, que estará traballando na rúa Igrexa (zona parking do San Martiño).
  • Tucho, que pintará na rúa Fábrica (nova localización xa que por un contratempo de último momento, finalmente non poderá ser no IES Alfredo Brañas).

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARALELAS

Ademais de ter a oportunidade de ver a estas novas creadoras e creadores expresar todo o seu talento en catro novos murais que darán vida ás rúas de Carballo, durante este dez días de pintura tamén haberá actividades organizadas ao redor da arte, todas elas de balde, que inclúen concertos, charlas, recitais e obradoiros para adultos e nenos.

  • Sábado 14 de agosto no palco da rúa Jacinto Amigo Lera. Con acceso libre ata completar aforo COVID:
    • 20.30 h. Faladoiro. Encontro cos catro artistas que pintan este verán en Carballo: Isa Bermúdez, Nere Rama “Bailando na lúa”, Nazaret e Tucho. Moderado pola Concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez Cotelo.
    • 21.30 h. Recital poético con Rosalía Fernández Rial, escritora e poetisa carballesa.
    • 22.00 h. Concerto con Mr. Kilombo. Miki Ramírez, aka Mr Kilombo, xunto a toda a súa banda, ofrece unha posta en escena enérxica dentro da xira  por toda España Contra todo pronóstico,que está en marcha desde principios de 2021.
  • Xoves 19 de agosto: Obradoiro de rotulación. De 10.00 a 14.00 h. nun escaparate do Mercado Municipal. Para maiores de 16 anos. Necesaria preinscrición previa. Valorarase que o perfil dos e das interesadas estea relacionado coas belas artes. Aforo máximo 8 persoas.
  • Domingo 22 de agosto (distintas localizacións):
    • 10.00 h. Obradoiro de pintura para crianzas. De 10.00 a 14.00 h. en dúas quendas: de 10:00 a 11:45 e de 12:00 a 13:45 h. As nenas e nenos que participen terán a oportunidade de pintar un novo mural na rúa Buenos Aires coa axuda dos e das artistas. Para nenas e nenos de 6 a 11 anos. Necesaria inscrición previa. Aforo máximo de 10 crianzas por quenda.
    • 20.30 h. Ruta guiada polos murais finalizados. Será necesaria inscrición previa ata completar aforo COVID. Saída dende o Museo de Bergantiños-Oficina de Información Turística.
    • 21.30 h. Concerto con Pauliña. Palco da Rúa Jacinto Amigo Lera. A artista de Cambados vén de lanzar o seu terceiro traballo discográfico baixo o título Testemuñas e durante o concerto reflectirá o contido do álbum, que ten aproximacións ao blues, ao rock, ao country e mesmo ás rancheiras e ao reggae. Acceso libre ata completar aforo COVID.

INSCRIPCIONES Y +INFO

  • As inscricións nos obradoiros realizaranse a partir do xoves 12 de agosto a través destes formularios online (FORMULARIO PARA O TALLER DE ROTULACIÓN | FORMULARIO PARA O OBRADOIRO DE CRIANZAS) que estará dispoñible en derrubandomuros.gal e tamén pode pedirse +info en turismo@carballo.gal e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402. No caso do Obradoiro de rotulación trátase de preinscrición, porque para a admisición valorarase o perfil dos e das interesadas estea relacionado coas belas artes. No caso do Obradoiro de crianzas será inscrición directa por orde de solicitude.
  • Las inscripciones para la ruta guiada por los murales podrán hacerse a través de turismo@carballo.gal y en los teléfonos 981 702 077 | 698 156 402, también a partir del 12 de agosto.
  • Todas las citas se celebrarán respetando todos los protocolos de seguridad y los aforos Covid-19.
  • La iniciativa está organizada por la Concejalía de Promoción Económica y Turismo que dirige Xosé Regueira y la Concejalía de Juventud que dirige Maruxa Suárez Cotelo.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This