A pegada da ilustración chega ao Rexenera Fest 2021 con Harsa
Esta artista zaragozana traballa nunha ampla gama de proxectos creativos e a súa obra está moi vinculada á ilustración contemporánea e á cultura popular
Arantxa Recio Parra (Zaragoza, 1979), máis coñecida artísticamente como Harsa, é o quinto nome que presentamos que participará no Rexenera Fest 2021 (que se celebrará do 3 ao 13 de xuño). Desde moi pequena sentiuse atraída pola arte grazas á súa irmá maior, que plantou nela a semente da curiosidade e das gañas de crear como todos aqueles artistas que contemplaba e admiraba.
Xa de adulta, Harsa converteuse nunha artista multidisciplinar que traballa desde hai anos para unha ampla gama de proxectos creativos, e marcas. A súa obra está moi vinculada á ilustración contemporánea, con claras referencias á cultura popular e a ilustración dos anos 50 e 60.
Moda, deseño, murais…
Diversifica o seu traballo entre colaboracións con axencias de publicidade, editoriais, exposicións, e festivais de arte. Os seus traballos apareceron en moi diversas áreas (editorial, publicidade, cubertas para libros, packaging, moda, deseño, etc.) Ten publicado en España, México e Arxentina e expuxo tamén en Italia, Austria, Escocia e Croacia.
Tamén ten participado en numerosos festivais de arte urbana e colaborada con marcas e clientes de primeira liña. Este ano vén a Carballo para crear de novo a través dos murais.
- Instagram de Harsa: https://www.instagram.com/harsa_pati/
- Facebook de Harsa: https://www.facebook.com/HarsaIlustracion
