A arte urbana de Carballo en 360º

Xan 23, 2020 | Arte urbano, Derrubando muros con pintura, Rexenera Fest

A arte urbana de Carballo sempre dá que falar. Esta vez no programa da Televisión de Galicia (CRTVG) e Adivina Producions Un país en 360. Na súa viaxe pola Costa da Morte por Camariñas, o Roncudo ou Vimianzo, quixeron tamén parar en Carballo para coñecer os nosos murais. Coa axuda da Técnica de Turismo, Patricia Mañana, a presentadora do programa, Estíbaliz Veiga, percorreu as rúas de Carballo para atoparse con algúns dos nosos murais e descubrir moitos dos seus segredos.

No seu itinerario, visitaron algúns dos murais máis emblemáticos de Derrubando muros con pintura, como o de Yoseba que lle rende homenaxe ás nosas avoas e á pataca, o primeiro que se pintou e que dá a benvida aos viaxeiros chegados desde Santiago de Compostela e que se titula O Carballo, ou unha das últimas incorporacións no Rexenera Fest 2019, o Aquiles mitolóxico representado por Pichiavo.

VÍDEO COMPLETO Á CARTA

Aquí vos deixamos un pequeno clip de menos de 1 minuto avanzando a reportaxe, pero podedes velo completo á carta na páxina web da CRTVG na seguinte ligazón. Desfrutádeo!

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This