“A arte redebuxa Carballo”

Xan 21, 2021 | Arte urbano, Derrubando muros con pintura

A revista de viaxes Coralia fala do noso proxecto Derrubando Muros con Pintura. Porque o grafiti naceu por rebeldía e por amor…

A revista Coralia plasma nunha ampla reportaxe as claves do proxecto de arte urbana de Carballo, sinalando a vila como un dos destinos de 2021. Nun número que dedica a destacar os mellores plans para percorrer Galicia ao longo deste ano que acaba de comezar, Carballo ocupa un lugar preeminente como un museo ao aire libre que hai que visitar, gozar e percorrer con calma. O obxectivo: poder gozar dos murais, pero tamén, como explica a reportaxe, de todo o que Carballo pode ofrecer. Porque “en Carballo os nosos sentidos van gozar dunha festa continua, dunha experiencia irrepetible, que só imos poder gozar nunha das capitais mundiais da arte urbana e na capital galega da modenidade”.

Máis abaixo podedes ler a reportaxe completa, realizada por Rober Amado con fotos de Xulio Gil e tamén con imaxes cedidas polo Concello de Carballo.

TLFNO: 981 702 077     MÓBIL: 698 156 402     MAIL: turismo@carballo.gal

Share This